Sale!

MAR DE BRONCE

Original price was: €19,48.Current price is: €5,84.

SKU: a137248 Category:

Description

En stock

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
2003
Materia
Literatura moderna y contemporánea
ISBN:
978-84-7507-168-8
Páginas:
192
Encuadernación:
Rústica
Colección:
NARRATIVA

Anxo Gorospe, o Ghalerna, decide comezar a escribir unha novela que recolla a memoria de Rilo do Mar, a vila que arrecende á fragrancia do salgado e o sabor do salitre. Arrastrando caxato e paraugas pola praia do Corvo, onde atracaban os bous, o vello Gorospe soña co navegar agora polo mar de fóra e saber do medo e da morte, a experiencia que só posúen os mariñeiros e que sempre lle negou o seu pai, don Abel Gorospe Massiá, o fundador da conserveira «A Fábrica», onde cincocentas mulleres penduraban cada día do guindastre do traballo. Sentado na pedra do collón do gato, o Ghalerna lembra aquelas primeiras razons da vida con Minia Santorun, aquela moza que amaba a cachón, unha e outra vez, oncensamte; Jennifer, a dinamarquesa, Carme, a primeira noiva da carreira ou con Fulxencia a fogueteira, que daba xeito e pracer nun tempo brevísimo… Nas súas pasetas e tertulias diante duns caroliños, Anxo Gorospe rememora cos seus amigos de xeración, como Albeitos ou Casiano, a memoria incesante dun mar concibido como veiga nutricia.
Esta fermosa novela coral de Xosé Vázquez Pintor, escrita empregando un rexistro intencionadamente dialectal e construída como un mosaico de microhistorias, Mar de bronce recupera a épica dos traballos da ardora, das mareas do Gran Sole, das travesías a Capetón, dos naufraxios e da caza das baleas. Unha novela que vivifica a memoria dos mares de corpo e alma, de noite e alba, do mar da vida.

Reviews

There are no reviews yet.

Be the first to review “MAR DE BRONCE”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll hacia arriba