Sale!

OS CORPOS INSCRITOS E OS TEXTOS ESCRITOS

Original price was: €18,95.Current price is: €5,69.

SKU: a88120 Category:

Description

En stock

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
2023
Materia
Feminismo
ISBN:
978-84-1110-157-8
Páginas:
152
Encuadernación:
Rústica
Colección:
ENSAIO

O xénero foi tradicionalmente o obxecto de intercambio, o obxecto devido en mercadoría. O xénero, en tanto que conformación sexual cultural e en tanto que tecido (téxtil), fixo recaer ou axudou a atribuír a condición subalterna sobre a conformada feminidade. Elas son o xenérico, o Outro difuso, mentres que a masculinidade hexemónica se apropiou da condición de suxeito que ostenta o logos, a capacidade racional, a palabra articulada.
Elas foron as encargadas de tecer as inscricións, que eles enunciaron, no tecido cultural. Ao suxeito hexemónico recoñecéuselle a alma racional, aos suxeitos subalternos cedéuselles a «phoné», a voz, propia da alma sensitiva, que non pode decidir o que é xusto ou inxusto, ou entre o ben e o mal. A voz d@ subaltern@ non pode decidir sobre a lei social, non pode escribir a palabra social, pero si debe manifestala no seu corpo, exercer a función subalterna de reproducir, de inscribir o ditado.
Inscribíronse corpos, escribíronse textos. Atravesando a antropoloxía, a moda, a arte, a literatura e o mercado, proponse a deconstrución do xénero, vinculándoo a unha certa emancipación cultural.
«Os corpos inscritos e os textos escritos» combina a análise filosófica coa creación literaria en forma de relatos, mesturando xéneros e, finalmente, desfacéndoos.

Reviews

There are no reviews yet.

Be the first to review “OS CORPOS INSCRITOS E OS TEXTOS ESCRITOS”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll hacia arriba