Sale!

PALABRAS PARA O NOSO TEMPO

Original price was: €22,33.Current price is: €6,70.

SKU: a115655 Category:

Description

En stock

Editorial:
ALVARELLOS EDITORA TECNICA
Año de edición:
2024
Materia
Literatura moderna y contemporánea
ISBN:
978-84-18567-59-9
Páginas:
356
Encuadernación:
Bolsillo
Colección:
DIVULGACION E ENSAIO

Este volume é quizais unha das obras máis singulares da vizosa produción literaria de Xesús Alonso Montero. Palabras para o noso tempo reúne unha mínima pero brillante selección dos seus discursos, mantendo na transcrición do texto o espírito fiel da súa oratoria orixinal. Un traballo que partiu de moitas horas de gravación e transcrición a cargo de Carmen Blanco Ramos, e do coidado da edición de Olivia Rodríguez González. O autor afirma ter pronunciado, ao longo da súa dilatada vida, máis de 5.000 discursos ante públicos ben diferentes. Aquí presentamos quince destacadas intervencións públicas. Por elas van pasando nomes inesquecibles da nosa historia e das nosas Letras como Rosalía de Castro, Isaac Díaz Pardo, Emilia Pardo Bazán,
Francisco Fernández del Riego, Borobó, Ramón Piñeiro ou Xosé Neira Vilas. E tamén, como non, o exilio, o antifranquismo, a defensa das clases populares
e a historia do comunismo europeo. Como afirma a profesora Olivia Rodríguez no seu
limiar, «esta obra é unha revalorización do pensamento creativo da palabra e da súa conexión co pensar, sentir e imaxinar (…). O principal obxectivo da súa oratoria é a transmisión de coñecemento para combater o silencio e o esquecemento, impostos no pasado e banalizados no presente».

Reviews

There are no reviews yet.

Be the first to review “PALABRAS PARA O NOSO TEMPO”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll hacia arriba